1. Iván Puentes Rivera. 43 anos. Portavoz municipal do PSOE e concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural. Secretario de Organización da Agrupación Socialista de Pontevedra. Secretario de Estratexia, Análise e Prospectiva da Executiva Nacional Galega do PSdeG. Doutor en Comunicación. Profesor na Facultade de Comunicación do Campus Universitario de Pontevedra.
2. Yoya Blanco Rial. 50 anos. Concelleira de Promoción Económica, Turismo, Igualdade e Universidade. Vicesecretaria 2ª e secretaria de Turismo da Agrupación Socialista de Pontevedra. Secretaria de Promoción Económica da Comisión Executiva Provincial do PSOE. Membro do Comité Nacional do PSdeG. Licenciada en Dereito. Avogada.
3. Manuel Fariña Casanova. 41 anos. Licenciado en Química. Profesor e secretario dos IES Frei Martín Sarmiento. Secretario de Educación e Cultura da Agrupación Socialista de Pontevedra. Membro do Comité Provincial e do Comité Nacional do PSdeG.
4. Paloma Castro Rey. 41 anos. Deputada do Parlamento Galego. Licenciada en Dereito. Avogada. Vicesecretaria 3ª e secretaria de Igualdade da Agrupación Socialista de Pontevedra. Secretaria de Política Institucional da Executiva Provincial. Membro do Comité Nacional do PSdeG.
5. Marcos Rey Pazos. 45 anos. Concelleiro de Benestar Social e Animal. Funcionario de Correos. Presidente da Comunidade de Montes de Verducido. Secretario executivo da Agrupación Socialista de Pontevedra.
6. Carmen Hermo Sánchez. 55 anos. Doutora en Belas Artes. Artista. Catedrática de Debuxo no IES Frei Martín Sarmiento e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Membro do Ateneo.
7. Guillerme ‘Yeyo’ Pérez Agulla. 48 anos. Licenciado en Historia. Posgrao universitario en Arquivística. Técnico superior de Arquivos. Director da Fundación Luís Tilve. Vicesecretario 1º e secretario de Formación da Agrupación Socialista de Pontevedra. Coordinador comarcal do PSdeG. Membro do Comité Nacional do partido.
8. Alicia Rodríguez Esteban. 46 anos. Licenciada en Dereito. Asesora financeira. Empregada de banca.
9. Ángel Mario Lago. 66 anos. Empregado de banca e xestor de empresas xubilado. Histórico dirixente veciñal.
10. Margarita González Bértola. 62 anos. Autónoma. Presidenta da Asociación Galega de Ambulantes.
11. Pedro Hermida Paredes. 44 anos. Licenciado en Dereito. Máster en Dereito Privado. Avogado. Secretario de Xustiza da Agrupación Socialista de Pontevedra. Membro do Comité Provincial do PSdeG.
12. Eugenia Jorge Marinero. 65 anos. Graduada en Turismo. Foi traballadora de Turismo de Pontevedra. Xubilada. Secretaria de Militancia e Acción Electoral da Agrupación Socialista de Pontevedra.
13. Beltrán Raña Criado. 42 anos. Funcionario do Corpo de Seguridade da Deputación Provincial de Pontevedra.
14. Montserrat Couto Rodiño. 57 anos. Organizadora sincical. Traballadora do sindicato UGT.
15. Fernando Baena Ozores. 57 anos. Arquitecto da Facenda Pública. Foi responsable do Catastro Provincial. Secretario de Ordenación Territorial, Urbanismo e Vivenda da Agrupación Socialista de Pontevedra. Membro do Comité Provincial do PSdeG.
16. Estrela Vilacoba Blanco. 23 anos. Secretaria de Igualdade das Xuventudes Socialistas de Galicia e coordinadora das Xuventudes en Pontevedra. Graduada en Ciencias Políticas e da Administración e Máster en Márketing Dixital e Xestión Comercial. Especialista en SEO & Email Márketing (Márketing Dixital). Responsable da área de Email Márketing de zapaterías Krack.
17. Roberto Taboada Puig. 39 anos. Doutor en Enxeñería Química e Ambiental. Profesor de Ensino Secundario.
18. Rocío Carrera Portela. 43 anos. Asesora inmobiliaria. Membro do Comité Provincial do PSdeG-PSOE. Formou parte da candidatura de 2019.
19. David Fraga Garrido. 19 anos. Estudante de Maxisterio na Facultade Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Xogador do Pontevedra CF.
20. Patricia Vilán Lorenzo. 52 anos. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogada. Asesora xurídica do Gabinete da Presidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Profesora do alumnado sénior da Uned. Secretaria de Medio Ambiente da Agrupación Socialista de Pontevedra. Membro do Comité Nacional do PSdeG.
21. Carlos Paz Sánchez. 70 anos. Xubilado. Presidente do Club Naval de Pontevedra.
22. María Abollado Vidal. 23 anos. Graduada en Traballo Social e Máster en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario. Traballadora social. Veciña de Lérez.
23. Christian Fernández Ramos. 28 anos. Estudante. Árbitro de fútbol. Secretario executivo da Agrupación Socialista de Pontevedra. Xa estivo na candidatura de 2019.
24. Paloma Rodríguez Español. 67 anos. Diplomada en Traballo Social. Xubilada do Sergas. Secretaria de Política Social da Agrupación Socialista de Pontevedra.
25. Camilo Garrido Torres. 64 anos. Empregado de banca xubilado. Empresario e emprendedor.
Suplentes:
1. Antón Louro Goyanes. 71 anos. Licenciado en Química. Profesor de Secundaria. Xubilado. Foi deputado no Parlamento e o Congreso e delegado do Goberno en Galicia, así como voceiro municipal do PSOE e candidato á Alcaldía. Membro do Comité Nacional do PSdeG.
2. Margariña Valderrama Currás. 82 anos. Licenciada en Filosofía e Letras. Estudos de Filoloxía Semítica. Profesora de Xeografía e Historia. Xubilada. Secretaria executiva da Agrupación Socialista de Pontevedra. Membro do Comité Provincial e do Comité Nacional do PSdeG.
3. Benito Gama Calvo. 79 anos. Xubilado. Presidente do PSOE pontevedrés. Foi secretario xeral do sindicato UGT durante anos.
4. Mabel Rodríguez Gutiérrez. 70 anos. Traballou na Administración de Xustiza. Xubilada. Secretaria de Administración da Agrupación Socialista de Pontevedra.
5. Jesús Miguélez García. 66 anos. Licenciado en Dereito. Diplomado en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Xestión Sanitaria pola Fundación Caixa Nova. Secretario de Sanidade da Agrupación Socialista de Pontevedra.
6. Marica Adrio Taracido. 66 anos. Senadora. Licenciada en Dereito. Avogada. Membro do Comité Provincial e do Comité Nacional do PSdeG.