CONSIDERACIÓNS PREVIAS
As actuacións realizadas no ámbito da Mobilidade Urbana Peonil e de Restricción ao Tráfico no Casco Urbán adoptadas nestes últimos anos (retiro de aparcamento, lombos, sinalización, regulación de carga e descarga, etc.) non son por sí soas un modelo territorial senón medidas instrumentáis que permitiron gañar espacio dos coches para os peóns e están na liña de mellorar a saúde da poboación e de conseguir devolverlle aos cidadáns unha parte importante do espazo público para o seu uso e disfrute, e ahí estivemos os socialistas apoiando e impulsando estas medidas.
Pero hai que superar estas actuacións e evolucionar o crecemento da cidade derivado do PXOM actual cun Modelo pechado, desequilibrado e funcionalmente deficiente (crecemento de costas ao Río Lérez e á Ría, déficit de servizos e dotacións en barrios e centro, ordenación en mazán pechada e con viais estritos, problemas de tráfico e acceso rodado, etc.) para transformalo nun auténtico e ambicioso “Modelo de Cidade Integral, Funcional, Equipada, Sostible e Verde”.
“A PONTEVEDRA QUE VÉN” é o slogan titular dun Programa de iniciativas e actuacións que se distínguen pola calidade, a funcionalidade, a sustentabilidade e a humanidade, principios de excelencia que deben inspirar o presente e o desenvolvemento futuro da cidade que, coa súa contorna, está chamada a ser “A BOA VILA PARA VIVIR E CONVIVIR”.
PROPOSTAS