Programa de Medioambiente

CONSIDERACIÓNS PREVIAS 

A cidadanía de Pontevedra ten dereito a gozar dun aire limpo, de auga de calidade e, en definitiva, de contornas de vida saudables. Ten dereito a que, desde o seu concello, se desenvolvan políticas medioambientais como políticas transversais e globais a toda a acción do goberno municipal, tal e como as consideran as Nacións Unidas no seus Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable. Por iso, os socialistas de Pontevedra falamos do cambio climático, de transición ecolóxica, de redución de emisións e de adaptación á crise climática tamén desde o local. 

Ademais, dada a importancia transversal do Pacto Verde Europeo, impulsaremos a educación ambiental, apostando pola formación e a investigación, artellando en paralelo políticas de comunicación e participación social en materia ambiental no ámbito do noso concello.

Coas predicións cara o futuro, que indican que a auga pasará por momentos de escaseza, é preciso comezar no aforro, xa que co tempo será un ben moito máis prezado que calquera metal precioso. Os socialistas somos conscientes de que a calidade da auga e a transición hidrolóxica son un piar fundamental na loita contra a crise climática. Todas as nosas actuacións no ámbito do proxecto “Pontevedra Flúe”, polo que traeremos a Pontevedra máis de 30 millóns de euros.

Unha das nosas prioridades vai ser a defensa dos espazos protexidos (incluído o control de especies exóticas invasoras) e a rexeneración da ría e dos ríos.

Finalmente, melloraremos e adaptaremos á recente normativa estatal o sistema da xestión dos residuos no concello, tamén para a reciclaxe de residuos domésticos e industriais.

 

PROPOSTAS

CIDADANÍA

  • Incorporación de produtos locais de cercanía ao comercio.
  • Instalación de composteiros ao carón de todas as hortas veciñais.

 

ENERXÍA E ECONOMÍA CIRCULAR

  • Instalación de alternativas enerxéticas nos edificios públicos que máis idóneos resulten para a xeneración de enerxía verde e creación dunha asociación de comunidade enerxética con finalidade e interese públicos.
  • Mellora da iluminación de parques.
  • Instalación de parapetos nas zonas escolares, que sirvan para protexer da choiva e calor e para a colocación de placas solares.
  • Modulación da intensidade das luminarias públicas durante a noite.

RESIDUOS

  • Cláusulas sociais en todos os modelos de contratación do concello.
  • Donación dos residuos da hostalería.
  • Medidas de instalación e retirada automática de contedores en zonas sensibles, como a monumental.
  • Recollida de pilas, tóner e aceite.
  • Plan de desamiantado municipal.
  • Oficina de recollida de pequenos electrodomésticos.

MOBILIDADE

  • Mellora do prezo do transporte público.
  • Potenciación do transporte público co desenvolvemento dunha app cos autobuses a tempo real.
  • Carrís bicis.
  • Sendas verdes.
  • Negociación co Estado da mellora de conexión con Vigo.
  • Mellora da conexión con todas as parroquias.

INFRAESTRUTURAS VERDES

  • Pontevedra Flúe.
  • Inclusión de variedades autóctonas nos xardíns públicos.
  • Rede de humedais municipais.
  • Plan de erradicación e retirada de plantas invasoras.

AUGA

  • Remate do saneamento nas parroquias.
  • Uso de augas depuradas para o rego.
  • Recuperación e dragado da ría de Pontevedra.