CONSIDERACIÓNS PREVIAS
O chamado “Rural” de Pontevedra está conformado por quince parroquias, nas que vive, aproximadamente, o 40% da poboación, mái de 33.000 mulleres e homes que teñen ese espazo como o seu lugar de residencia.
No Socialismo consideramos que os núcleos rurais deben acadar o liderado que lles corresponde, actuando con decisión e sentido común e destinando os orzamentos municipais a atopar un reequilibrio do noso territorio. Mellorar as condicións de vida dos habitantes das parroquias e asentar a poboación nos nosos núcleos son os nosos obxectivos, facendo que o modelo de cidade se transforme en “Modelo de Concello”.
PROPOSTAS