CONSIDERACIÓNS PREVIAS
Na familia socialista estamos especialmente preocupados polo terrible aumento dos delitos de odio motivados pola orientación e a identidade sexual das vítimas, e temos clara a relación existente entre isto e a proliferación dos discursos que, baseados en mentiras, fomentan o odio cara este colectivo.
Sabemos que isto so se combate dende o consenso social e que as mentiras se combaten con feitos, por iso os socialistas no goberno municipal de Pontevedra levamos 4 anos traballando arreo defendendo a igualdade de trato e a non discriminación de toda a veciñanza, dende un enfoque de tolerancia, inclusión e enfocando a acción pública cara garantir o respecto á diversidade.
Conscientes disto desenvolvimos unha intensa labor sen parangón nas políticas públicas deste concello que fixo que na actualidade sexamos un referente na visibilización das persoas LGTBI. Executando múltiples accións entre as que destacamos:
A pesares disto entendemos que é fundamental seguir traballando para acadar a igualdade real das persoas do colectivo LGTBI.
PROPOSTAS