Programa de Promoción Económica

CONSIDERACIÓNS PREVIAS 

Os municipios son axentes determinantes para xerar oportunidades suficientes para toda a cidadanía para desenvolver e apoiar o comercio de proximidade e un turismo sostible como eixo vertebrador de riqueza.

Para o socialismo pontevedrés é primordial a xeración de actividade económica na nosa cidade. Dende a Concellería Socialista de Promoción Económica e Emprego levamos anos traballando para promover esta actividade, con Programas de emprego para os colectivos máis desfavorecidos, formación, talleres, e diferentes axudas a contratación Axilización e simplificación de trámites nos organismos municipais para o emprendemento, constitución de novos negocios, actualizacióne modernización dos xa existentes. 

PROPOSTAS

  1. Promoción de encontros de empendremento tipo Net-working, para impulsar proxectos e sinerxias, tendo en conta ás asociacións empresariales da cidade.
  2. Promover Talleres de Formación e asesoramento para as persoas emprendedoras, en cooperación coas asociacións empresariales da cidade.
  3. Impulsar o Convenio coa Universidade de Vigo, así como a colaboración cos Centros de Formación.
  4. Impulsar a Feira Pont up Store, xunto con premios de Emprendemento.
  5. Impulsar a creación de Incubadoras e Aceleradoras de Empresas.
  6. Fomentar o Emprendemento femenino.
  7. Reclamar á Xunta de Galicia, a ampliación de solo industrial do Polígono do Campiño.
  8. No marco da revisión do PXOM,  promoveremos a xeración de novas zonas de solo industrial no concello, e a súa área de influencia,  que permita captar novas empresas, principalmente de vinculadas á economía verde, a expansión das que xa temos, xerando emprego e futuro no noso concello.
  9. Impulso de accións de apoio ao comercio local, e ao producto de proximidade, con campañas puntuales e periódicas de consumo do pequeno comercio.
  10. Colaboración coas asociacións empresariales da cidade para a formación do empresario do pequeno comercio.
  11. Impulso da dixitilización do pequeno comercio, da realización de plataformas dixitales, e novas formas de pagamento que poidan ser competitivas frente á grandes superficies.
  12. Programas que axuden á formación para o relevo xeracional , e á transmisión de empresarios.
  13. Fomentar  o producto de proximidade, e de Km. O, en todo o comercio local, tamén nos Mercados e Feiras, como polos xeradores de actividade económica e Turismo.
  14. Impulso do comercio sostible e dixital, e fomento de sinerxías con empresarios e emprendedores.
  15. Bonos comercio. Facilitar a aplicación de descontos nas compras de comercio de proximidade
  16. Constitución dunha Oficina Municipal de Promoción Económica, Emprendemento e eEmprego, co obxectivo da  búsqueda de fondos, axudas e subvencións en todas as administracións, dándolle especial relevancia a liña de fondos europeos como os NEXT GENERATION.
  17. Promover a hostelería local, coa marca Pontevedra Capital Gastro.
  18. Mellorar a sotenibilidade da hostelería local con axudas ao sector.