Programa Sanitario

PONTEVEDRA, CIUDAD SALUDABLE

A saúde é un estado de equilibrio entre o individuo e o medio ambiente. Está relacionada cos estilos, co nivel e coa calidade de vida. É dicir, co benestar. 

Os determinantes da saúde son un conxunto de factores de distinta índole, políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais que interactúan entre si e producen un impacto positivo ou negativo sobre a mesma e sobre eles pódese incidir desde os Concellos.  

Os socialistas de Pontevedra apostamos por unha cidade saudable. Unha cidade saudable é aquela que dá prioridade á saúde en todas as súas actuacións. Para conseguila, non é suficiente contar con bos servizos sanitarios; é necesario, ademáis, o control dos determinantes ambientais e sociais (económicos e culturais) que condicionan a desigualdade e promoven hábitos e estilos de vida saudables nos cidadáns. 

A OMS na súa proposta de Gobernanza para a Saúde (2013), propón a cooperación e colaboración das políticas estatais, rexionais e locais coa implicación activa das organizacións sociais, o sector empresarial e o sector académico, co fin de integrar os esforzos das comunidades na procura da saúde.

PROPOSTAS

As propostas que presentamos a continuación enmárcanse na Estratexia de Saúde Pública 2022 (ESP 2022) e na Estratexia de Saúde Mental 2022-2026.

En Saúde Pública

  1. Desenvolvemento do Consello Municipal de Saúde, como órgano de participación cidadáns nas cuestións relacionadas coa saude.
  2. Deseño dun Plan Estratéxico que posibilite a mellora do nivel de saúde dos cidadáns, a través de acciones como: Plantexar a transversalidade e intersectorialidad na política municipal para conseguir que a saúde sexa un criterio para considerar no conxunto das políticas públicas (e non só nas sanitarias en sentido estrito)
  3. Control veterinario e mellora do sistema de recollida de animais abandonados, campañas de desinsectación e desratización coa frecuencia necesaria e mantemento do programa de control, seguimento e coidado das colonias felinas.
  4. Creación da Escola Municipal de Educación para a Saúde, que coordinará as súas accións de educación sanitaria cos dispositivos asistenciais do sistema sanitario e cos recursos do sistema educativo. 
  5. Desenvolvemento, no ámbito da Prevención, de programas específicos contra:
    • consumo perxudicial de alcol e outras drogas, así como das adiccións conductuais. 
    • Os problemas de convivencia no ámbito familiar, escolar e social.
  1. Fomento do exercicio físico, do uso da bicicleta e das actividades deportivas adaptadas a todas as idades e condicións.

Implementación de accións específicas para favorecer o envellecemento san mediante a promoción dunha vida activa e independente para os nosos maiores.

En Asistencia Sanitaria

  • En relación ao Proxecto do chamado “Gran Montecelo”, reclamar á Consellería de Sanidade que:
    • Se engadan, aos Servizos contemplados no Plan Funcional, os de Xeriatría e Cirurxía Xeral Pediátrica
    • Se amplíen os Servizos de Coidados Paliativos e Hospitalización a Domicilio (HADO) 
    • Se retornen ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) os servizos de referencia que foron trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) en 2013.
    • Se dispoña que o Aparcamento do Gran Montecelo sexa público e gratuíto e que se conte cun bo servizo de transporte público colectivo desde a cidade.
    • Se deseñen dous circuítos de acceso sanitario (un polo norte e outro polo sur) libres de “lombos”.
  • Outras reclamacións á Consellería de Sanidade:
  • Que o edificio nobre do actual Hospital Provincial sexa destinado a “uso sanitario”.
  • A creación dun novo Centro de Saúde na cidade.
  • Demandar á Consellería de Benestar a creación de máis Centros de Día no Concello.
  • Reclamar á Xunta de Galicia o cumprimento do seu compromiso de transferencia ao Sergas da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), co noso compromiso de manter a asistencia aos usuarios nas condicións de dignidade esixibles, tanto por respecto aos pacientes como ao persoal asistencial, mentres non se efectúe dita transferencia.

En definitiva, co noso Programa Sanitario de ámbito municipal, os socialistas conseguiremos unha cidade máis habitable, máis participativa e máis saudable.