Permiso a doentes de enfermidades inflamatorias intestinais o acceso aos baños dos edificios públicos (mediante códigos, app ou calquera outro sistema que garanta o acceso libre e a seguridade) e promoción de convenios coa hostalería para o uso dos baños dos locais sen consumición
Concesión dunha tarxeta para permitir a persoas diagnosticadas de enfermmidades intestinais o aparcamento en prazas reservadas ou zonas de carga e descarga, sen prexudicar ás persoas con mobilidade reducida, de xeito que aqueles podan ir ao baño coa urexencia debida
Sinalización do centro da cidade con pictcogramas para orientar ás persoas con autismo e outras discapacidades cognitivas e guialos cara a servizos básicos (Policía, hospital, concello, centros de saúde, entre outros)
Cláusulas sociais en todos os pregos municipais, especialmente para persoas con discapacidade
Edificio municipal de asociacións con locais para cada unha e servizos e zonas comúns (Casa Azul e Benito Corbal están desbordados).
Activación da oficina municipal de voluntariado, podendo prestar a través dela apoio ás entidades sociais do Concello
Clases de ximnasia de mantemento para persoas maiores
Posta en marcha de programas específicos para traballar na prevención do risco e protección aos menores, de xeito que este tipo de situacións se podan evitar ou, cando menos, detectar na súa fase máis incipiente
Nos novos pregos de contratación do Servizo de Axuda no Fogar, inclusión dun servizo de seguimento e prevención de reincidencia de determinados casos que fosen tratados previamente dentro do programa de Atención ás Familias, pero que requiran dun seguimento máis aló do período de intervención inicial
CULTURA
Creación do «Centro de Interpretación do Camiño Portugués a Santiago de Compostela». Unha posible ubicación poden ser as vivendas da cabeceira norte da Ponte do Burgo
App da axenda cultural mantida e actualizada desde a Concellería de Cultura, na que se recolla toda a programación diaria de eventos que organicen e remitan tanto o Concello como as diferentes entidades da cidade
Potenciación da Illa das Esculturas, recuperando as obras deterioradas e descontextualizadas, programando un mantemento anual a cargo da Escola de Canteiros (convenio coa Deputación), mellorando a súa explicación e interpretación por parte do público e ampliando o número de obras para chegar ás 15 que se contemplaban no proxecto orixinal, e, posteriormente, ampliar ano a ano a colección, aproveitando as novas zonas verdes creadas coa estratexia Pontevedra Flúe ao longo de toda a ribeira do Lérez, mantendo o granito como elemento distintivo. Novo espazo para as exposicións temporais.
Convenio coa Facultade de BBAA da UVigo para dar difusión aos artistas da cidade e ao alumnado e profesorado, que expón habitualmente nos grandes museos españois e extranxeiros o que non pode expoñer no seu concello, provocando unha perda cosntante de talento local.
Colaboración do Concello na realización da alfombra floral no entorno de San Roque.
Certame anual de videoxogos na rúa (Gaming na Rúa) e liguiña de videoxogos entre os centros de ensino de Pontevedra
DEPORTE
Plan Director de Instalacións e Actividade Deportiva do Concello de Pontevedra, que coordine e dea sentido á actividade dos diferentes clubes e á relacións do concello con eles
Colaboración do Concello coa Fundación Rías do Sur para a reapertura inmediata das piscina de Ponte Muíños, reservando lámina de auga na piscina olímpica para adestramento dos clubes
Emprego do Pontillón do Castro para escolas deportivas e outras actividades municipais
Apertura das instalacións deportivas dos edificios escolares de titularidade municipal en horario de tarde para destinalos a adestramentos dos clubes de Pontevedra, escolas deportivas municipais e uso público
Mellora das instalacións destinadas a deportes naúticos no entorno da praia fluvial de Pontesampaio
Vivenda de Costas no Paseo de Domingo Fontán destinada a usos náuticos, ao servizo dos clubes da cidade
Habilitación das obras do novo Campo de Fútbol de Salcedo para a práctica do rugby
Dotación de canastas, ademais de porterías, ás pistas multideporte que se instalen nos diferentes parques e zonas de ocio
Transformación do actual circuito de BTT do Miradoiro de Monteporreiro nun circuito de Pumbtrack
Mellora do patrocinio municipal para a participación dos deportistas e clubes en competicións oficiais e ámbito español e internacional
Modificación da ordenanza municipal de mobilidade para favorecer o uso da bicicleta, creando, así, unha verdadeira malla de mobilidade ciclista segura. Asímesmo, aumento dos puntos estratéxicos de aparcamentos de bicicletas. Unión de Pontevedra con Marín e Poio por bicicleta
EDUCACIÓN
Limpeza urxente da cuberta do CEIP Álvarez Limeses
Plan de reverdecemento e renovación dos patios escolares de todos os centros de ensino infantil e primaria
Plan de mellora e conservación dos centros de ensino infantil e primaria (incluídas as edificacións anexas), seleccionando cada ano dous centros, plan derivado da posta en mantemento dun servizo de inspección e mantemento dos centros de ensino
IGUALDADE
Formación continua e específica da Policía Local destinada a perfeccionar as súas intervencións en casos de violencia machista e asistencia ás víctimas.
Posta en marcha, xunto coa hostalería local, dun protocolo municipal de prevención e acción contra as agresións sexuais no ocio nocturno e diversas actividades festivas
MEDIOAMBIENTE
Incorporación daMancomunidade de Montes ao Consello Municipal de Medio Ambiente ou Consello Verde
Plan de localización e preservación de humidais, acuíferos e manaciais do Concello de Pontevedra, protexéndoos das especies invasoras e da maquinaria pesada que se emprega no campo e nos montes
Faixas de protección no entorno dos petróglifos catalogados no Concello de Pontevedra, axudando a que sexan máis visibles e protexéndoos dos incendios forestais e da maquinaria pesada que accede aos montes
URBANISMO
Remodelación integral da Seca, levando a esta zona o modelo de renovación urbana do resto da cidade