Son doutor en Comunicación e traballo como profesor e investigador na Facultade de Comunicación do Campus Universitario de Pontevedra.
Nacín o 17 de abril de 1980, teño 43 anos e vin para Pontevedra en 1998, con 18, para estudar a miña carreira. Quedei namorado da cidade máis fermosa do mundo e decidín que aquí tiña que vivir o resto da miña vida.
A miña nai e o meu único irmán son hostaleiros, o meu pai, ao que case non coñecín, porque morreu sendo eu moi neno, foi bombeiro de Endesa. Emigrou coa miña nai 12 anos a Londres e, co esforzo e os aforros deses anos, volveron a Galicia para montar o restaurante do que vivimos sempre na miña familia.
Son pai de dous fillos, de 10 e 7 anos, veciño do Burgo e, ademais de traballando na Universidade e no Concello, poderás atoparme en bicicleta dun lado para outro, picando e tomando un algo pola rúa, correndo pola beira do Lérez, paseando polo monte de calquera parroquia, nun concerto, un domingo de cada dous, no Estadio de Pasarón e madrugando cada fin de semana para levar aos nenos a xogar a fútbol.
Fun Alcalde de Fene, o pobo no que nacín, sendo daquela o alcalde máis novo de Galicia. Son concelleiro en Pontevedra desde 2015, primeiro na oposición e desde 2019 no Goberno, dirixindo a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, ademais de ser o portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE.