CONSIDERACIÓNS PREVIAS
Dende o Socialismo temos un firme compromiso coa Igualdade; este compromiso vén reflectíndose claramente na nosa forma de actuar politicamente cunha orientación ben marcada de maneira transversal a acadar un municipio “pola igualdade de xénero”.
A nosa aposta desde hai anos concrétase na necesidade de que desde o Concello temos que xogar un papel transcendental nesta loita situándoa como unha prioridade e un eixo central a considerar en todas as nosas políticas.
Neste eido da igualdade e como punto de partida, consideramos primordial a execución das medidas contempladas no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero correspondentes ao ámbito local, a través dos orzamentos específicos para esta finalidade e establecendo as medidas necesarias de coordinación institucional coas demais administracións e entidades expertas na loita contra a violencia de xénero.
PROPOSTAS
UN CONCELLO COMPROMETIDO COA IGUALDADE
Dende as institucións públicas temos que ser referente e dar exemplo á sociedade en todos os eidos e moi especialmente no da igualdade, é polo anterior, polo que na nosa defensa permanente do desenvolvemento dun comportamento igualitario sen exclusións tanto no funcionamento interno como no externo, máis próximo á cidadanía, é polo que propoñemos:
- Dotación dun orzamento suficiente á Concellería de Igualdade para o desenvolvemento de políticas que fomenten a igualdade.
- Creación dun órgano de seguimento da transversalidade de xénero no conxunto das políticas municipais.
- Aprobación dun Plan de Igualdade para o persoal do propio Concello, que conteña aspectos coma medidas de conciliación: flexibilidade horaria, teletraballo, utilización dunha linguaxe non sexista ou estereotipada en toda a actividade do Concello, adaptación de formularios e escritos para o uso de linguaxe inclusiva, introdución da perspectiva de xénero na contratación administrativa, redacción de orzamentos, convocatorias públicas…
- Redacción de un protocolo de actuación fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo.
- Realización dunha análise profunda para detectar áreas nas que a muller estea infrarrepresentada co fin de visibilizalas e poder adoptar medidas para corrixilas.
- Execución das obras de acondicionamento necesarias nos edificios administrativos e infraestruturas do Concello para a dotación de salas de lactación e muda dos bebés, que conten co mobiliario axeitado e dispensen a maiores produtos de hixiene asociados coa menstruación.
A EDUCACIÓN COMO FERRAMENTA BÁSICA PARA CONSTRUÍR UNHA SOCIEDADE IGUALITARIA.
Os e as socialistas defendemos que para romper as barreiras existentes entre os dous sexos e acadar cambios positivos na sociedade é imprescindible educar en igualdade e crear novos referentes sólidos.
A igualdade ten que ser cimentada dende a base. Unha educación na escola con perspectiva de xénero axuda á prevención das súas problemáticas: contribúe a diminuír a desigualdade no proceso de construción da personalidade de nenas e nenos e na súa evolución e desenvolvemento e é esencial para construír sociedades máis equitativas e xustas. Para lograr estes propósitos as nosas medidas concretaranse en:
- Programacións nos centros educativos tanto de educación infantil, primaria e estudos secundarios e superiores, adaptadas a cada etapa evolutiva nas que se desenvolvan actividades vinculadas á igualdade coma traballos, faladoiros, pezas audiovisuais ou teatrais, xornadas de pais/nais e fillos/as, posta en coñecemento de referentes femininas, etc.
Nestas actividades expoñeranse diferentes temáticas coma: a eliminación dos roles de xénero, educación sexual para previr as violencias machistas, pornografía e prostitución, uso das redes sociais e dos dispositivos móbiles, mito do amor romántico, etc.
- Participación de todos os IES do municipio no Consello da Muller nova e nas datas conmemorativas vinculadas á igualdade con proxectos que conten coa colaboración activa do Concello.
- Mantemento dos Premios Ernestina Otero Sestelo que están orientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero.
POLÍTICAS PARA CONSTRUÍR UNHA SOCIEDADE IGUALITARIA.
As e os socialistas defendemos que Pontevedra, ademais de ser o espacio de vida e convivencia, sexa tamén un espacio de liberdade, seguridade e dignidade para as mulleres.
Polo anterior a nosa acción política desenvolverase dun xeito acorde con este compromiso claro coa defensa dos dereitos das mulleres, que afiance e consolide os avances conquistados fronte a aqueles posturas políticas que pretenden relegalos a un segundo plano ou incluso eliminalos.
Para a consecución deste compromiso, propoñemos:
- Realización de campañas específicas de sensibilización cara a cidadanía nas datas conmemorativas coma o Día Internacional da Muller ( 8 Marzo), Día Internacional contra a violencia de xénero (25 Novembro), Día Internacional da Muller e da Ciencia (11 Febreiro), Día das Mulleres Rurais (24 Outubro) ,Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos ( 23 de setembro)…
- Continuar impulsando o programa “Mulleres que opinan son perigosas” como unha forma de visualizar a importancia das mulleres no mundo da comunicación.
- Fortalecemento da estrutura do CIM de Pontevedra. Consideramos que é necesario un reforzo de persoal e tamén orzamentario que permita realizar nas mellores condicións as súas funcións e o faculte para o incremento da súa actividade mellorando a asistencia ás usuarias.
Para a consecución destes fins é necesario incrementar as campañas de información sobre a existencia deste recurso e o acceso ao mesmo, reforzar o servizo de atención psicolóxica (consulta, tratamento e diagnóstico) e xurídica a mulleres e crianzas de vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables.
Ademais, será preciso elaborar un Protocolo de actuación e coordinación entre o CIM, os Servizos Sociais do Concello, Policía Local e o SERGAS que melloren a resposta ás situacións de violencia de xénero e garantan unha protección permanente contra a violencia de xénero e a asistencia ás vítimas, desenvolvendo unha atención integral e interdisciplinar garantindo unha eficaz resposta ás situacións de emerxencia e un apoio xurídico, psicolóxico e asistencial de forma coordinada.
- Promoción de actividades no eido cultural coma faladoiros, pezas teatrais ou audiovisuais dirixidas cara o público en xeral e tamén cara o público infantil, que sensibilicen en materia de igualdade e visibilicen o papel da muller (corresponsabilidade, saúde feminina, mulleres relevantes na historia, violencia de xénero, prostitución…)
- Posta en marcha de obradoiros e cursos para mellorar a autonomía das mulleres e a súa capacidade de resposta (cursos autodefensa, dixitalización, conciliación, violencia de xénero…)
Seguir promovendo o PROGRAMA SOMOS QUEN de actividades para MULLERES NAS PARROQUIAS que é un programa de fomento da igualdade de xénero e da participación social das mulleres do rural do concello co fin de fomentar os valores de igualdade e que comprende actividades que se centran en tres áreas de acción: saúde e benestar, creatividade e comunicación e actualización en habilidades sociais e dixitais.
- Articularemos as políticas de Igualdade a desenvolver nos municipios a través da actualización do Plan Integral de Igualdade, tendo en conta as medidas específicas e todas aquelas medidas relacionadas coa igualdade de xénero, loita contra a violencia e a erradicación das discriminacións sexistas.
- Plans de Igualdade que recollan as diferentes medidas en cada ámbito (laboral, sanitario, educativo, loita contra a violencia, corresponsabilidade, etc.), dende unha concepción transversal de xénero, así como tendo en conta as necesidades específicas das mulleres máis vulnerables (con discapacidade, migrantes… )
- Desenvolvemento de medidas e programas de apoio ao emprego das mulleres, fomentando a capacidade de emprendemento das mulleres, así como impulsando e favorecendo a presencia e participación de las mulleres nos diferentes sectores da actividade económica presente no municipio.
- Impulso e apoio, cos distintos sectores económicos e sociais do municipio, de accións para reducir e eliminar a brecha laboral e salarial entre homes e mulleres.
- Posta en marcha de accións no eido municipal encamiñadas a acadar a concienciación e sensibilización da sociedade en igualdade e contra a violencia cara as mulleres, a prostitución…, poñendo especial fincapé na mocidade.
Seguiranse impulsando programas e talleres municipais de educación en valores, promoción da igualdade, prevención do machismo, educación para a saúde e sexualidade responsable.
- Impulso e reforzo dos Consellos locais da Muller, para abordar desde el ámbito municipal propostas e solucións, e crear os observatorios municipais de igualdade como espazo físico para o desenvolvemento de iniciativas en materia de igualdade, no que participen representantes do tecido social e educativo da cidade.
- Consolidación e expansión da implantación dos puntos lilas que prestan un servizo de sensibilización e asistencia as mulleres en coordinación coa policía local, garantindo unhas festas libres de violencia. Acompañaremos os eventos festivos con campañas previas de concienciación.
- Implantación dun protocolo de resposta antes situacións de acoso ou abuso sexual en coordinación cos diferentes locais de ocio nocturno do municipio que permita dar unha resposta rápida e efectiva ante estás situacións.
- É desde a importancia que lle damos a que a igualdade impregne todas as esferas sociais, culturais ou educativas, ademais de toda a actividade tanto interna como externa do Concello en todo o municipio, que ademais de políticas transversais en prol da igualdade e accións concretas que detallaremos nos distintos apartados, imos poñer en marcha un recoñecemento de igualdade a través dunha convocatoria anual que visibilice aqueles centros educativos, empresas municipais, locais comerciais ou servizos administrativos do concello que poñan en práctica medidas que fomenten unha igualdade real entre homes e mulleres, den mostra do seu compromiso neste eido a través da utilización da linguaxe inclusiva, respresentación igualitaria.