Guillerme ‘Yeyo’ Pérez Agulla

Yeyo Pérez

A xestión dun concello debe ser como a dunha grande comunidade de veciños, na que un non debe esquecer que é un chanzo máis, coa función de fortalecer a cadea en beneficio do común frente aos intereses particulares. A nosa ilusión baséase en que sabemos que hai alternativa!

48 anos. Licenciado en Historia. Posgrao universitario en Arquivística. Técnico superior de Arquivos. Director da Fundación Luís Tilve. Vicesecretario 1º e secretario de Formación da Agrupación Socialista de Pontevedra. Coordinador comarcal do PSdeG. Membro do Comité Nacional do partido.