Un Nadal de Conto

Nadal conto

MIRADAS DE FUTURO

A cidade debe estudiar novas fórmulas para a celebración do nadal, caido na rutina e sen adaptarse ás novas esixencias que impón o mercado. O lamentable retraso dunha xestión tan básica e rutinaria como a instalación do alumeado o pasado ano aprofundou no debate cidadán en torno a como relacionar o nadal coa economía local.

O período festivo de fin de ano e principios do seguinte (que na práctica comeza en torno a inicios do mes de decembro) supón un momento de consumo moi importante para as empresas locais, maiormente as relacionadas co sector comercial e hosteleiro, dous potentes enganches da economía de proximidade en Pontevedra.

  Aproveitar o ciclón vigués

O desbordante éxito da celebración do nadal festeiro e exhuberante en recursos lumínicos que puxo en marcha a cidade de Vigo e o seu alcalde non pode verse con resignación ou desencanto en Pontevedra. Antes ben, debe ser o estímulo para conseguir que parte do público que se achega á cidade olívica recunque tamén en Pontevedra.

  Complementar, non competir

Artellar un nadal semellante ao de Vigo resultaría pouco recomendable para a nosa cidade, xa que non resultaría factible chegar ao nivel de investimento necesario para realizar unha montaxe tan intensa, ao marxe de si sería ou non recomendable ese modelo para unha cidade como a nosa, con valores moi diferentes tanto en dimensión como en beleza urbana. 

O que sí é posible é optar por unha vía alternativa, creando unha marca diferenciada capaz de atraer público diverso de fóra da cidade, obxectivo último da iniciativa.

  Literatura, arte e relato

Crear unha marca específica para o nadal pontevedrés pode facerse recorrendo á creatividade, para configurar un relato cultural con pezas que se engarcen entre si: a capacidade persuasiva, a imaxe da cidade, o potencial diferenciador e a motivación para disfrutar que poida xenerar en moitas persoas. 

Para iso combinaríanse a creatividade literaria, a escenográfica e a mrecantil, creando relatos con títulos interesantes e con capacidade de atracción.

  Contos e escenografías

A idea sería convocar un concurso de contos entre as persoas que desexen escribir, escoller un número determinado deles, e crear escenarios específicos en diversas prazas da cidade nas que sexa posible loxísticamente e adaptadas aos espazos existentes, garantindo a mobilidade e o abastecemento comercial.

Cada praza estaría dedicada monográficamente a un conto específico, con elementos físicos alusivos ao argumento do relato, que permitan unha certa interrelación co público a tavés de escenarios temáticos que estimulen á fotografía popular, promovendo sempre a difusión en positivo e a interacción do público.

Os contos serían breves e serían editados en papel en idiomas galego, castellano e portugués, e se fose necesario tamén en inglés, e estarían pensados para distintas idades, desde a infantil ata a adulta, con variedade de xéneros e atendendo tanto a escenarios ou costumes tradicionais coma contemporáneas.

  Realizar un proxecto específico

Esta idea debe ser desenvolvida e recollida nun proxecto concreto para a celebración da actividade, dándolle a máxima prioridade para ofrecer un evento urbano que non só sexa quen de atraer as miradas alleas, senón de inicidir positivamente na autoestima urbana.

  Por toda a cidade

O Nadal de Conto non se circunscribiría, como podería pensarse, a prazas ou espazos máis tradicionais do centro histórico, senón a lugares concretos de toda a cidade onde sexa posible instalar ese tipo de escenografías.