Axardinar un espazo próximo á Rúa Serra

A zona interior das vivendas entre Bos Aries e Serra serán convertidas nun parque acolledor e saudable
WhatsApp-Image-2023-05-09-at-20.22

Iván Puentes presentou á veciñanza nun encontro que tivo lugar no Mercado de Abastos, o futuro parque da Rúa Serra. Unha iniciativa que responde a unha demanda histórica dos residentes nestes edificios, suporá un investimento duns 150.000 euros.

Incluirá a dotación dunha zona de estancia e descanso con bancos e árbores de pequeno porte para sombra; un espazo de xogos infantís de estimulación e desenvolvemento da psicomotricidade (con tobogán, cordas, pequenas escadas, saltos…); unha segunda zona de estancia e xogo libre pavimentada, e unha área axardinada presidida por uns macizos de plantas vivaces na confluencia da avenida de Bos Aires con Padre Amoedo, así como a instalación de mobiliario accesible, papeleiras e puntos de recarga.

Máis información aquí