Bosque da Esperanza no Día Mundial da Terra

Un xeito de reforestar divulgando a conciencia ambiental entre nenas e nenos
WhatsApp-Image-2023-05-03-at-11.51

Iván Puentes participou na última das tres xornadas planificadas para a creación do Bosque da Esperanza, un proxecto de reforestación do Monte da Fracha impulsado co gallo do Día Mundial da Terra (22 de abril) que se materializou na plantación de 300 árbores autóctonas (unha por participante) en tres hectáreas de terreo.

Esta derradeira saída estivo protagonizada por un centenar de nenos e nenas de 1º e 4º de Primaria do CEIP Vilaverde-Mourente, colexio que impulsou a iniciativa en colaboración co departamento que dirixe Puentes, a Comunidade de Montes de Tomeza, a empresa PreZero, a Misión Biolóxica de Galicia, Veteris Jardines e a entidade sen ánimo de lucro Fuertes Razones.

Máis información aquí