Pontevedra flúe para alumnado da UDC

Unha charla que servíu para falar dos proxectos de renaturalización dos ríos que conflúen no municipio
WhatsApp-Image-2023-05-10-at-12.18

O candidato socialista celebrou no Gastroespazo do Mercado de Abastos unha charla sobre os proxectos de renaturalización que se están levando a cabo no marco das estratexias municipais Pontevedra Flúe e Redeverde ante uns vintee alumn@s do Grao de Socioloxía da Universidade da Coruña que cursan a materia de Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio.

O encontro formaba parte dunha visita de campo promovida dentro da docencia práctica desta asignatura, impartida polo profesor Manolo Docampo (membro do equipo da UDC que colabora no plan Redeverde), organizada para coñecer a estratexia urbana e medioambiental da cidade e investigar o uso do espazo público do municipio por parte da cidadanía, en especial das zonas verdes.

Máis info aquí