Unha lista preparada para o recambio xeneracional

Candidatura

Unha festa no Club Naval de Pontevedra serviu para presentar a lista electoral socialista nun acto cheo de xente no que tamén participaron o ministro de Sanidade, José Miñones; o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; a presidenta do partido, Carmela Silva; o secretario xeral provincial e delegado da Zona Franca, David Regades e a secretaria xeral dos socialistas de Pontevedra, Maica Larriba.

Encabeza a lista Iván Puentes Rivera, de 43 anos (O Burgo), doutor en comunicación e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación do Campus Universitario de Pontevedra. No eido político ocupa o cargo de actual Portavoz municipal do PSOE e concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural. Secretario de Organización da Agrupación Socialista de Pontevedra. secretario de Estratexia, Análise e Prospectiva da Executiva Nacional Galega do PSdeG.


De número 2, Yoya Blanco Rial, 50 anos (Pontevedra leste), licenciada en dereito e avogada. Actualmente é concelleira de Promoción Económica, Turismo, Igualdade e Universidade; vicesecretaria 2ª e secretaria de Turismo da Agrupación Socialista de Pontevedra. Secretaria de Promoción Económica da Comisión Executiva Provincial do PSOE e membro do Comité Nacional do PSdeG.

O posto número 3 é para Manuel Fariña Casanova, de 41 anos e do barrio de San Roque. Licenciado en química e profesor e secretario dos IES Frei Martín Sarmiento. Secretario de Educación e Cultura da Agrupación Socialista de Pontevedra e membro do Comité Provincial e do Comité Nacional do PSdeG.

A actual deputada do Parlamento Galego, Paloma Castro Rey, ocupa o número 4. De 41 anos (Campolongo), é licenciada en dereito e avogada. Vicesecretaria 3ª e secretaria de Igualdade da Agrupación Socialista de Pontevedra; secretaria de Política Institucional da Executiva Provincial e membro do Comité Nacional do PSdeG.

Marcos Rey Pazos, actual concelleiro de Benestar Social e Animal ocupa o posto número 5. De 45 anos e natural de Verducido, é funcionario de correos, presidente da Comunidade de Montes de Verducido, e secretario executivo da Agrupación Socialista de Pontevedra.

Co 6, Carmen Hermo Sánchez (55 anos, Rosalía de Castro). Doutora en belas artes. Artista. Catedrática de debuxo no IES Frei Martín Sarmiento e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Foi tamén docente na Facultade de Arquitectura da Coruña e membro do Ateneo.
De número 7, Guillerme ‘Yeyo’ Pérez Agulla, de 48 anos (Pontevedra leste). Licenciado en historia e posgrao universitario en arquivística. É técnico superior de arquivos, director da Fundación Luís Tilve, vicesecretario 1º e secretario de formación da Agrupación Socialista de Pontevedra, coordinador comarcal do PsdeG e membro do Comité Nacional do partido.

Co 8, Alicia Rodríguez Esteban (46 anos, Campolongo), licenciada en dereito, asesora financeira e empregada de banca. Ángel Mario Lago (66 anos, Monte Porreiro), histórico dirixente veciñal, ocupa o número 9. Empregado de banca e xestor de empresas xubilado. Co 10, Margarita González Bértola (62 anos, Marcón). Autónoma e presidenta da Asociación Galega de Ambulantes.

Pedro Hermida Paredes (44 anos, avenida de Vigo) ten o número 11. É licenciado en dereito, máster en dereito privado e avogado. Secretario de Xustiza da Agrupación Socialista de Pontevedra e membro do Comité Provincial do PSdeG. No posto 12, Eugenia Jorge Marinero, (65 anos, Pontevedra leste). Graduada en turismo. Actualmente xubilada, foi traballadora de Turismo de Pontevedra. Secretaria de militancia e acción electoral da Agrupación Socialista de Pontevedra. De 42 anos e do barrio de Santa María, Beltrán Raña Criado, ocupa o número 13 da lista. Funcionario do corpo de seguridade da Deputación Provincial de Pontevedra. Co 14, Montserrat Couto Rodiño (57 anos, Mourente). Organizadora sindical e traballadora de UGT. No posto 15 da lista, Fernando Baena Ozores (57 anos, Eduardo Pondal). Arquitecto da Facenda Pública. Foi responsable do Catastro Provincial, secretario de Ordenación Territorial, Urbanismo e Vivenda da Agrupación Socialista de Pontevedra e membro do Comité Provincial do PSdeG.

De 23 anos e do barrio do Lérez, Estrela Vilacoba Blanco, a cal ocupa o posto 16 da lista. Graduada en ciencias Políticas e da administración e máster en márketing dixital e xestión comercial. É responsable da área de email márketing de zapaterías Krack. No ámbito político, secretaria de Igualdade das Xuventudes Socialistas de Galicia e coordinadora das Xuventudes en Pontevedra. Co número 17, Roberto Taboada Puig (39 anos, Blanco Porto). Doutor en enxeñería química e ambiental. Profesor de ensino secundario.
No 18, Rocío Carrera Portela (43 anos, Eduardo Pondal). Asesora inmobiliaria e membro do Comité Provincial do PSdeG-PSOE que tamén formou parte da candidatura de 2019. De 19 anos, e no número 19, David Fraga Garrido (Eduardo Pondal). Estudante de maxisterio na Facultade Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Xogador do Pontevedra CF. EDUARDO PONDAL. Patricia Vilán Lorenzo (52 anos, Marquesa) co número 20. Licenciada en Dereito e avogada. Asesora xurídica do gabinete da Presidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Profesora do alumnado sénior da Uned. Secretaria de Medio Ambiente da Agrupación Socialista de Pontevedra e membro do Comité Nacional do PSdeG.


Co 21, Carlos Paz Sánchez (70 anos, Raíña Vitoria). Presidente do Club Naval de Pontevedra. Actualmente xubilado. No 22, María Abollado Vidal, de 23 anos e veciña do Lérez. Graduada en traballo social e máster en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Actualmente exerce como traballadora social. Con 23 anos e ocupando o número 23, Christian Fernández Ramos (Estribela). Estudante e árbitro de fútbol. Secretario executivo da Agrupación Socialista de Pontevedra. Tamén formou parte da candidatura de 2019. No posto 24, Paloma Rodríguez Español (67 anos, Rosalía de Castro). Diplomada en traballo social. Secretaria de Política Social da Agrupación Socialista de Pontevedra. Actualmente xubilada do Sergas. No 25, Camilo Garrido Torres (64 anos, García Camba). Xubilado e antigo empregado de banca. Empresario e emprendedor.

Como suplentes figuran, respaldando o conxunto da lista, unha mostra da veteranía e a resistencia do socialismo pontevedrés: Antón Louro Goyanes, Margariña Valderrama Currás, Benito Gama Calvo, Mabel Rodríguez Gutiérrez, Jesús Miguélez García e Marica Adrio Taracido.