O programa de Cultura

INTRODUCCIÓN

As especiais circunstancias do mandato 2019-2023 fixeron que a maior parte da nosa actividade cultural e de ocio tivese como escenario o ámbito doméstico, polo que o reto para os próximos catro anos debe ser recuperar o costume de acudir a espectáculos, reconfigurar a participación cidadá, reaprender a convivencia e potenciar a “cultura de saída” e a socialización. Neste momento fortalecer as políticas culturais é construir vida, é construir cidade.


A política cultural está cada día máis vencellada á dinamización económica, con fortes conexións coa oferta turística e de ocio e con efectos directos no emprego e nas pequenas e medianas empresas. A cultura, como eixo transversal na estratexia de desenvolvemento local e como axente de cambio, xoga un papel primordial na creación de identidade, de inclusión social e de participación e implicación dos cidadáns co lugar no que viven. A cultura actúa como motor para o reforzo da identidade cívica, como identificador da poboación coa súa contorna, como multiplicador de encontros e como neutralizador de tendencias de atomización social.


Pontevedra evolucionou nos últimos 20 anos ata converterse nun esceario perfecto, nunha postal que atrapa a veciños e visitantes, pero precisa dinamización económica e emprego, precisa vida na rúa. A política cultural pode ser unha pezas da estratexia do seu desenvolvemento. Temos o espazo, imos na procura do contido.

PROPOSTAS

1. Deseñaremos un plan cultural estratéxico, que forme parte dos plans de revitalización da cidade, co obxectivo de converter a Pontevedra nun referente en Galicia desde o punto de vista cultural. O plan incluirá un programa de dinamización cultural, establecendo convenios de colaboración con asociacións e entidades culturais para ofrecer actividades en todo o Concello. Dentro do plan, realizaremos un mapa ou atlas cultural que poña de manifesto os espazos cos que conta a cidade e as súas principais carencias. O obxectivo é aumentar os espazos culturais da cidade, mediante Convenios de Colaboración con institucións, administracións e entidades, tanto públicas como privadas, con esta misma idea potenciaremos o uso da Praza de Touros para actividades culturais, como o gran anfiteatro ó aire libre da cidade que é.


2. Fomentaremos a imaxe de Pontevedra como canteira cultural, apoiando iniciativas que
transformen a cidade nun fervedoiro cultural, que atraia elementos alleos ao municipio e
dé pulo a artistas e creadores. Impulsaremos, polo tanto, o emprego e as industrias
culturais, procurando a colaboración coa Facultade de Belas Artes e de todas aquelas
empresas vencelladas co sector cultural.
3. Crearemos unha Fábrica ou Contenedor Cultural, que funcione como espazo polivalente, e
que conte cun pequeno auditorio de capacidade media e con unha caixa de teatro
demontable, cunha sala de ensaio para corales ou grupos teatrales, oficinas de empresas
culturais, servizos xerais de cafetería, administración, etc, ou oferta formativa para
mellorar a cualificación dos profesionais do sector cultural.
4. Favoreceremos a descentralización cultural, levando as actividades culturais a todos os
barrios do municipio. Con este obxectivo, colaboraremos na dinamización dos centros
socioculturais existentes e promoveremos a súa creación naqueles barrios ou parroquias
nos que non existan. Colaboraremos coas asociacións de veciños para implementar unha
programación estable nestes centros socioculturais. Para a mellora da súa eficacia,

ELECCIÓNS MUNICIPAIS – 2023

CULTURA 3
promoveremos unha Dirección Xeral que facilite a interrelación e comunicación entre
todos os centros socioculturais do municipio.
5. Implantaremos un bono cultural para os colectivos de menor poder adquisitivo para que
poidan acceder sen dificultade ás diferentes programacións culturais da localidade.
6. Apostaremos por un programa Noites Abertas senior. Aínda que, demográficamente,
Pontevedra é a cidade máis nova de Galicia, non debemos perder de vista o
envellecemento da poboación pontevedresa, polo que temos que procurar que as
actividades culturais e de ocio cheguen á poboación de todas as idades.
7. Esixiremos a creación dunha nova Biblioteca Pública do Estado ou Mediateca, entendida
como un espazo para garantir non só o dereito á lectura, senon máis globalmente o
dereito á información, cuns espazos, uns fondos e unha actividade acorde ás necesidades
de Pontevedra e favoreceremos unha maior integración de equipamentos e servizos
bibliotecarios nas políticas locais, co obxectivo de fomentar a lectura, profundizando na
súa dimensión social. Do mesmo xeito promoveremos iniciativas para incrementar a
presenza dos libros en espazos públicos, centros socioculturais e entornos rurais.
8. A promoción de Pontevedra como cidade cinematográfica está garantida pola Film
Commission, que facilita as producións audiovisuais no noso Concello como espazo de
rodaxe e creación, axudando a difundir a imaxe da cidade e a súa comarca, fomentando o
turismo e facendo unha Pontevedra de película. Pero a implicación dos socialistas co
cinema vai moito máis alá, polo que incrementaremos a colaboración coas asociacións
para a difusión cinematográfica, como o Cineclube, e con iniciativas impulsadas desde a
cidade como o Festival Novos Cinemas.
9. Impulsaremos as Festas da Peregrina, promovendo unha programación que recupere a
presenza dos veciños na rúa. Unha programación que propicie a participación e o
ambiente festivo, cun programa diverso con actividades para todos os sectores de idade,
cun equilibrio entre o día e a noite. Un programa consensuado e plural, que conte coas
suxerencias das asociacións veciñais e festivas, coa fin de ofrecer unha programación con
amplo respaldo social. Do mesmo xeito, impulsaremos as festas de barrio e
promoveremos a recuperación das verbenas.
10. Pontevedra debe entrar no roteiro de grandes espectáculos musicais de Galicia, a cidade
merece contar na súa programación musical de cada ano con grandes concertos de
músicos consolidados no panorama nacional e internacional, que sexan quen de atraer ó
noso Concello a milleiros de persoas que dinamicen a economía local.
11. O teatro debe ter un lugar preferente na actividade cultural, polo que é necesaria unha
programación estable que mesture o teatro clásico, teatro contemporáneo, compañías de
teatro xuvenís e de ámbito local e teatro na rúa. Potenciaremos escolas para esta
actividade, colaboraremos para a posta en marcha dun ciclo de café teatro na cidade, de
espectáculos en pequeno formato ou na creación dun Festival de Teatro “Valle Inclán”
12. Desde o Concello impulsaremos a celebración da Bienal de Fotografía, que servirá para
traer á nosa cidade a artistas de prestixio internacional e referenciala no mundo da
fotografía, pero tamén servirá como escaparate para o traballo dos centos de estudantes
de Comunicación e Belas Artes e os moitos fotógrafos profesionais e afeccionados que ten
Pontevedra.

Queres comentar algo?